A administración nº1 de lotarías da Illa reparte tres grandes premios no sorteo de nadal

A ILLA> Onde viaxou a lotaría por partida tripla foi á Illa de Arousa. A administración número 1 de lotaría selou dous quintos premios e un cuarto. Tres décimos que en total suman 32 mil euros.

A Illa de Arousa foi o único concello do Salnés agraciado cun gran premio neste sorteo de nadal e o fixo por partida tripla. A administración número 1 de lotarías rexistrou dous quintos premios e un cuarto. Tres premios que se suman aos dous cuartos repartidos o ano paso por esta mesma administración que parece estar tocada por unha barita.

De cada un dos premios, o establecemento vendeu un décimo. Repartindo unha cantidade total de 32 mil euros.

Dende o establecemento destacan que máis que a cantidade, o que lles alegra é repartir tres grandes premios.

Un dos grandes premios provén doutra administración. Dentro dunha iniciativa de intercambio de décimos con administracións doutras provincias.

Polo momento descoñécese se os gañadores son da Illa. Dende o establecemento agardan que sexan clientes habituais.

O propietario tamén sinala que o establecemento non recibe nada por estes premios pero que soe repercutir nun aumento da demanda.

O establecemento xa ten á venda os décimos do sorteo do neno. Un punto a ter en conta vendo que a sorte achégase ultimamente nos sorteos á Illa de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí