VILAGARCIA> O goberno rectifica e o comercio local poderá aplicar descontos nos produtos das súas tendas físicas. Ante a petición dos comerciantes, o comezo das rebaixas de verán trasladarase a mediados de agosto. Os vendedores piden máis colaboración ás administracións para axudarlles a na adecuación dos seus establecementos.
Unha das últimas resolucións publicadas polo goberno no BOE restrinxía as promocións, ofertas ou rebaixas dos comercios nos seus produtos para evitar as aglomeracións nos establecementos. Sen embargo, esta normativa non impedía os descontos nas páxinas web. A medida foi criticada polos comerciantes que conseguir que o goberno rectificara.
Outra das medidas que conseguir os comerciantes foi a de retrasar as rebaixas de verán ata mediados de agosto. Os vendedores explican que coa situación que estamos a atravesar, os descontos xerarían perdas en moitos negocios.
Dende zona aberta consideran que as medidas que están a tomar as administracións por agora son insuficientes. Reclaman unha maior regulación dos créditos para evitar os abusos e piden axudas máis directas para adecuar os seus negocios as novas normativas de seguridade.
Dende zona aberta fan un chamamento de apoio ao comercio local. Xa que a supervivencia de moitos establecementos dependerá do respaldo da veciñanza.