Unha familia de Moraña doa máis de 1100 pantallas protectoras fabricadas con impresoras 3D

MORAÑA> Unha familia de Moraña fabrica máscaras para doar aos corpos de sanidade e seguridade dos concellos da contorna. A produción a levan a cabo a través de diferentes impresoras 3d. En total xa levan elaboradas máis de 1100 máscaras.

Din que a necesidade agudiza o enxeño, e nunha familia de Moraña, ao ver os problemas xurdidos polo Covid 19, non dubidaron en tirar de imaxinación e deseñar unha maneira de contribuír elaborando pantallas de protección. A iniciativa xurdiu de Andrea Domínguez, unha mestra de Robótica Educativa e Formación 3D, coa axuda do seu sogro Ventura Pérez, mestre industrial, e xunto con outros tres membros da familia comezaron a fabricar as pantallas.

Inicialmente traballaron coa súa impresora pero chegaron a ter catro grazas aos préstamos dun amigo e dos centro CPI de Moraña e CPI Aurelio Marcelino de Cuntis. A pesar de facelo de forma solidaria, a familia dedicoulle todo o seu tempo.

A familia xa leva elaboradas máis de 1100 máscaras que foron doadas aos corpos de seguridade e sanidade dos concellos da contorna pero tamén as persoas que as necesitasen.

Na actualidade volveron a variar o deseño para poder facer pantallas para os máis pequenos. A familia continuará fabricando máscaras para aportar o seu gran de area.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí