Caldas estrea o seu novo Fogar do Maior: case 900 metros ao servizo de máis de 800 usuarios

CALDAS> Caldas xa goza do seu novo Fogar do Maior. O centro acaba de ser inaugurado, nun acto ao que asistiron ducias de usuarios. Dende este luns as flamantes instalacións xa funcionan a pleno rendemento, acollendo máis dunha vintena de actividades para as que están inscritas máis de 800 persoas. O alcalde salientou que a posta en funcionamento deste novo Fogar do Maior é un punto e seguido ás políticas sociais do concello das últimas décadas.

En Caldas había moitas ganas de descubrir as novas instalacións do Fogar do Maior. Moitos dos seus usuarios non quixeron perder a oportunidade de vivir o momento da posta en marcha destas instalacións. Co corte de cinta abriuse unha vila unha nova etapa que pon á terceira idade no centro das políticas de benestar.

As novas instalacións teñen case 800 metros cadrados. Están na rúa Sarnadela, nun local comprado e remodelado polo concello. O alcalde destacou que con este novo Fogar do Maior ábrese unha nova etapa, tras 20 anos apostando polos maiores.

Este luns o novo Fogar do Maior xa acolleu as súas primeiras actividades. Son case 20 as propostas que aquí se ofrecen, que se distribuír polas cinco grandes salas coas que conta o centro; xunto con aquelas outras que se desenvolven en exterior. Propostas todas elas para gozar dunha terceira idade activa, gañando en saúde ou aprendendo cousas novas

Ademais de xinmanasia, no Fogar do Maior ofrécense propostas de estimulacion cognitiva, expresión artística, alfabetización dixital ou acceso a novas tecnoloxías. O local estará aberto de luns a domingo, ofrecendo ao mesmo tempo aos maiores, lugares nos que confraternizar con xogos de mesa, falar ou ler a prensa. Tamén está previsto que se organicen bingos e outras actividades. O Fogar conta con máis de 800 persoas inscritas.