Só un 2,1% da poboación galega ten anticorpos contra o coronavirus

GALICIA> Só o 2,3 % da poboación da provincia de Pontevedra está inmunizada contra o coronavirus. No caso da provincia da Coruña, a porcentaxe baixa ata o 1,8. Os datos despréndense da primeira ondada do estudo de seroprevalencia feito polo ministerio de Sanidade en todo o Estado. Galicia sitúase como a cuarta comunidade con mellor porcentaxe de poboación con anticorpos.

Só dous de cada 100 galegos, un 2,1% da poboación de Galicia, superaron a infección por coronavirus e xeraron anticorpos, menos da metade da media rexistrada no conxunto do Estado.

Os datos despréndense da primeira ondada do estudo de seroprevalencia elaborado polo Ministerio de Sanidade en todo o territorio.

Deste xeito, Galicia sitúase como a cuarta comunidade autónoma con menor porcentaxe de poboación con anticorpos, por diante de Murcia, Canarias e Asturias.

Das catro provincias galegas, a da Coruña é a que conta con menor taxa de poboación con anticorpos, quedando no 1,8%. A poboación da provincia de Pontevedra está no 2,3%

O estudo no que figuran estes datos analizou en toda España a case 61.000 persoas. Comezou o pasado 27 de abril. O seu obxectivo é estima-la prevalencia de infección do coronavirus en España. Vai ter, en total, tres ondadas, acadando a 90.000 persoas de tódalas idades, comunidades e provincias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí