Manter a distancia e mercar con responsabilidade: os supermercados toman medidas fronte ao coronavirus

VILANOVA> Os supermercados de proximidade tamén incrementan as súas medidas para protexer aos clientes e aos propios traballadores. Establecementos como o Súper Nito evitan superar un aforo de 20 persoas e poñen a disposición dos compradores luvas e desinfectantes de mans. A diferencia doutros negocios, o seu produto máis vendido continua sendo a carne.

Co inicio do estado de alarma, miles de persoas lanzáronse aos supermercados a aprovisionarse de todo tipo de produtos. Pasados uns días, o pánico cesou e a situación xa está máis normalizada.

Aínda que o Super Nito non sufriu as aglomeracións doutras grandes superficies, dende o primeiro momento tomaron medidas para protexer aos clientes e aos traballadores.

A corentena non variou as preferencias dos clientes, o produto máis vendido continúa sendo a carne.

O supermercados de proximidade estanse vendo afectados polo peche da hostalería, xa que gran parte das súas vendas ían destinadas a este sector. A pesar diso, traballan con normalidade sen necesidade de realizar ningún axuste de persoal.

1 comentario

  1. 20 personas dentro del local ??? jajajaj
    y los guantes o gel no son obligatorios usarlos ???
    pues menudas medidas que tomáis .
    Y este es el ejemplo que ponéis de supermercado con medidas de seguridad e higiene ?

Comments are closed.