NOIA> A Xunta executa dende hai varias semanas unha nova actuación na estación de autobuses da localidade. A actuación, cun orzamento duns 270 mil euros, ten coma obxectivo a estabilización do edificio e a mellora da súa eficiencia enerxética.
As obras veñen a ser un complemento da actuación realizada hai aproximadamente dous anos e sufragada pola consellería de Infraestruturas e Mobilidade e que posibilitou a remodelación dos andeis e a fachada do edificio. Cun custe superior ós 270 mil euros, as obras teñen coma finalidade a estabilización do edificio e a mellora das súas condicións interiores.
Dende o goberno municipal confían en que as obras que se executan actualmente poidan estar rematadas antes do previsto e así entrar en servizo antes do remate do verán.