CATOIRA> Melloras na contorna das Torres de Oeste, en Catoira. A Xunta destinou 400.000 euros á posta a punto desa zona, incluíndoa creación dun punto de información turística, unha nova iluminación ou a mellora da accesibilidade ao monumento. Ao mesmo tempo o goberno galego reforza a súa colaboración coa Romaría Vikinga.
A contorna das Torres de Oeste estrean distintas melloras. A Xunta destinou ao proxecto de psota a punto deste espazo 400.000 euros. Entre as actuacións, destaca a creación dun punto de información turística e un proxecto de recreación virtual que permite ao visitante achegarse á época das invasións normandas.
O proxecto incluíu tamén un cambio na iluminación do conxunto.
A destacar tamén melloras na accesibilidade a este espazo declarado Ben de Interese Cultural.
No marco desta colaboración, a Xunta tamén reforzou a súa colaboración coa Romaría Vikinga. Un evento ao que Turismo de Galicia achegou máis de medio millón de euros dende 2013. Ademais, o alcalde salienta tamén o impulso ao Camiño do Litoral, coa promoción que supón para o municipio.
Estas actuación executadas aquí nas Torres de Oeste enmárcanse no Plan Xacobeo NextGeneration, cofianciado pola Unión Europa a través dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.









