Vilagarcía dará prioridade as bicicletas no centro urbán coa creación de tres ciclocarrís

VILAGARCÍA> Vilagarcía converterá tres das rúas centrais da vila en ciclocarrís. Estas vías serán de uso compartido entre vehículos e bicicletas, tendo prioridade estas últimas. O concello xa licitou a sinalización destas rúas e o proxecto levarase a cabo nos vindeiros días.

Vilagarcía continúa coa súa aposta de poñer en valor o uso da bicicleta. Dende a concellería de Urbanismo e mobilidade traballan nun proxecto que una a toda a vila a través de vías ciclistas. Naquelas rúas nas que non se poidan implantar as ciclovías, o concello as converterá en ciclocarrís. Unha vía de uso compartido entre vehículos e bicicletas.

Estes ciclocarrís están pensados para mellorar a seguridade dos ciclistas.

As rúas nas que se instalarán estes ciclocarrís son Doutor Tourón, Alejandro Cerecedo e Alexandre Bóveda. Nas vindeiras datas procederase á súa sinalización.

O inicio da implantación de ciclocarris nestas zonas faise aproveitando os traballos de instalación dos semáforos que se están levando a cabo na encrucillada de Doutor Tourón con Alejandro Cerecedo e Fariña Ferreño. No marco desta a actuación, tamén está previsto elevar a plataforma viaria nesta encrucillada para poñer a calzada a nivel da beirarrúa de xeito que se facilita a accesibilidade dos peóns para cruzar a rúa.