Trescentos alumnos plantan un ‘Bosque da Esperanza’ no monte da Fracha

PONTEVEDRA> Un cento de escolares participaron en Pontevedra na primeira xornada do proxecto ‘O Bosque da esperanza’. Durante tres xornadas, pasarán polo monte da Fracha ao redor de 300 rapaces e rapaces para plantar 200 exemplares de árbores. Unha actividade proposta pola entidade sen ánimo de lucro Fuertes Razones, financiada pola concesionaria do servizo de xestión de residuos PreZero e realizada nos terreos da Comunidade de Montes de Tomeza.

O monte da Fracha buliu esta mañá de actividade. Un cento de alumnos e alumnas do colexio Vilaverde, de Mourente, inauguraron o proxecto ‘O Bosque da esperanza’.

Hoxe celebrouse a primeira xornada. Faltan dúas máis, nas cales pasarán outros 200 alumnos pola Fracha. O obxectivo: plantar 200 exemplares.

O proxecto nace dunha proposta da entidade sen ánimo de lucro Fuertes Razones.

Co seu proxecto, ‘O Bosque da Esperanza’ concorreron á convocatoria que cada ano lanza a concesionaria do servizo de residuos urbanos PreZero, a través do seu programa Súmate.

As árbores están a plantarse nos terreos da Comunidade de Montes de Tomeza, ao carón do parque forestal da Fracha. Dende o concello xa lles propuxeron ampliar o parque forestal para protexer este novo ‘Bosque da Esperanza’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí