‘Ultramarinos’ e ‘SpanishBox’, proxectos gañadores do primeiro Capital GastroLab

PONTEVEDRA> A aceleradora e incubadora de proxectos gastronómicos de Pontevedra financiará dous proxectos finalistas. No marco desta primeira edición do Capital GastroLab, as iniciativas Ultramarinos e Spanishbox recibián 9.000 euros cada unha. A entrega de premios realizouse no marco da xornada de clausura do primeiro foro Think Tank de Gastronomía e Sostibilidade.

Unha proposta que fusiona o deporte marítimo coa gastronomía e outra que se propón enviar a toda Europa produtos españois a través de caixas de subscrición. Son Ultramarinos e Spanishbox, as propostas finalistas do primeiro Capital GastroLab.

Cada proxecto recibirá 9.000 euros en axudas, que se aborán en servizos e necesidades para a súa posta en marcha.

O xurado desta aceleradora e incubadora escolleunos polo seu carácter innovador, enorme interese e alto impacto das dúas propostas no mundo do emprendemento.

A entrega de premios celebrouse no marco da xornada de clausura do primeiro foro Think Tank de Gastronomía e Sostibilidade. Durante toda a fin de semana, diferentes expertos pasaron polo GastroEspazo para reflexionar sobre a gastronomía e a sostibilidade.

No mes de decembro presentarase un documento recompilatorio das conclusións ás que se chegaron coas mesas redondas desta fin de semana.