PONTEVEDRA> Co obxectivo de seguir fomentando este sector, a Deputación de Pontevedra puxo hoxe en marcha “Ven”, unha nova campaña para reactivar o turismo de proximidade. Esta iniciativa quere converter a provincia nun destino seguro e de referencia a nivel estatal.
Esta é a nova campaña da Deputación de Pontevedra. “Ven” nace co obxectivo de reactivar o turismo de proximidade e situar a provincia como un destino completamente seguro.
Ela é a artista que pon o rostro a esta campaña. Coa súa música de fondo, esta cantante santiaguesa percorre a nosa provincia e mostra os diferentes recunchos da nosa terra.
Xunto a este vídeo, a Deputación de Pontevedra ofertará nas súas redes sociais 13 propostas de escapadas. Ademais, a institución provincial levará a cabo un importante plan de promoción. A primeira fase será a de verán, que irá dende o 13 de xullo ao 16 de agosto. A segunda, a de outono, do 1 de setembro ao 13 de decembro. En ambos casos, combinarase a promoción en diferentes medios de comunicación e a difusión nas redes sociais. Cun investimento de máis de 115.000 euros, o obxectivo da Deputación é chegar a case 12 millóns de persoas.