Continúa, sen éxito, a busca de Xavier e Miguel

PORTO DO SON> A busca de Xavier e Miguel continúa, aínda que os resultados seguen a ser infrutuosos. Van alá dezaseis días dende a súa desaparición, cando navegaban pola ría de Muros-Noia a bordo dun kaiak, e nada se sabe do seu paradoiro.

O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, non perde a esperanza e confía en que máis cedo que tarde os corpos de Miguel e Xavier, os dous mozos desaparecidos mentres navegaban pola Ría a bordo dun kaiak, poidan atoparse. Esta mañá voluntarios de Protección Civil da localidade realizaron unha última busca por mar dende a zona de Punta do Castro a Caveiro.

Segundo o rexedor a busca é angustiosa, aínda que non se perde a esperanza de poder atopalos.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí