A Xunta promociona en Ribeira o ‘turismo seguro’

RIBEIRA> O autobús itinerante da campaña de Turismo Seguro da Xunta recalou hoxe en Ribeira. Numerosos visitantes pasaron pola unidade móbil para interesarse polos atractivos turísticos de Galicia e as medidas adoptadas para garantir a seguridade no actual contexto sanitario.

Tralo seu paso por Santiago, Coruña e Ferrol, a campaña itinerante de concienciación para promover un turismo seguro chegou ata Ribeira. Pol autobus infromativo instalado na avenida do Malecón pasron numerosos visitantes para interesearte polos recursos turísticos de Galicia e as medidas adoptadas para converter á nosa comunidade nun destino seguro.

O eixo central desta campaña é o camiño de Santiago pero tamén os numerosos atractivos pasaxísticos, gastronómicos e culturais que ofrecen as catro provincias. Tralo seu paso por Ribeira, a unidade móbil recalará na Mariña lucense para continuar pola Ribeira Sacra e proseguir a ruta por varias localidades costeiras.

Esta campaña itinerante dá continuidade á batería de medidas postas en marcha pola Xunta para garantir seguridade e protección ós viaxeiros, traballadores e galegos no actual escenario. Enmárcase no Plan de Reactivación do sector turístico aprobado o pasado mes de abril que inclúe accións para promover Galicia como un destino seguro,  con accións que axuden a xerar liquidez no tecido empresarial e o incentivar o consumo

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí