POBRA> Por quinto ano o concello da Pobra, xunto coa asociación cultural Barbantia e a editorial Galaxia volven a convocar unha nova edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro.
Trátase dun certame que busca homenaxear a figura do escritor, xa falecido, ó tempo que fomentar a produción literaria en galego e o hábito lector entre a cativada.
No acto de presentación do certame tamén tomou parte a viúva do escritor, Lourdes Briones, que ademais de agradecer esta nova convocatoria do premio, animou á xente a participar.
Como en edicións anteriores manterase un premio único para o gañador de 3.000 euros.
Ademais a obra gañadora será publicada na editorial Galaxia na súa colección Árbore.
Os autores interesados en participar neste certame terán de prazo para presentar os seus traballos ata o vindeiro 30 de novembro.