Boiro aprobará un regulamento de honras e distincións para os corpos da policía e emerxencias

BOIRO> O concello de Boiro propón un regulamento de honras e distincións específico para o corpo da policía local e emerxencias. A norma regulará os supostos e os tipos de distincións que poden recibir os axentes no exercicio das súas funcións.

O inicio do procedemento para aprobar un regulamento de honras e distincións para os corpos de policía e emerxencias remóntase a xuño do pasado ano cando a corporación aprobou condecorar a dous axentes da policía local que auxiliaron a un veciño que sufrira un infarto en plena rúa.

Aínda que xa existía un regulamento municipal ó respecto das distincións, este non concretaba aquelas distincións específicas para a policía no exercicio das súas funcións, aspecto que agora inclúe o borrador que se someterá mañá á súa aprobación inicial.

No transcurso do pleno debateranse outras cuestións como a proposta de cobrar unha taxa por ocupación de vía pública ós caixeiros automáticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí