Os colexios adáptanse á súa nova normalidade reclamando máis recursos

VILAGARCÍA> Os colexios que si puideron iniciar o curso o fixeron con moitas dificultades para poder adaptarse ao protocolo da xunta. É o caso do colexio de Vilaxoán, no que o alumnado comeza a acostumarse as medidas, mentres que os profesores reclaman máis axudas á Consellería de Educación.

Os centros escolares recuperaron a súa actividade cumprindo con todas as medidas establecidas pola consellería de educación. As medidas supoñen un gran esforzo tanto para os profesores como para o alumnado. Os máis cativos comezan a adaptarse ás novas clases.

Máis dificultades teñen dende a comunidade educativa para os profesores o inicio do curso está sendo caótico.

Os profesores lamentan a falta de axudas por parte da xunta de Galicia. Aseguran que se está a cumprir o protocolo a costa de aumentar o seu traballo.

A adaptación ás medidas tamén obriga a este centro a dobrar as quendas do comedor.

Os máis pequenos coñecen as novas medidas e a importancia de aplicalas.

Pero non todo é negativo na volta ao colexio, hai cousas que os máis pequenos tamén botaban de menos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí