Os traballadores de Thenaisie Provote respaldan a folga para desbloquear a situación da fábrica

O GROVE> Os traballadores de Thenaisie Provote respaldan por unanimidade a primeira xornada de folga. Dende o sindicatos sinalan que para salvar á conserveira necesitan máis implicación por parte da Xunta e que o grupo propietario da fábrica deixe de boicotear as posibles vendas.

A crise da conserveira Theanaise Provoté vai en aumento cada día que pasa. Os traballadores, despois de meses loitando por cambiar a situación, tomaron a decisión de ir á folga. Unha parón que durará 6 días repartidos entre esta semana e a vindeira. Na primeira xornada a participación foi unánime. O obxectivo é que a empresa deixe de boicotear as posibles vendas.

Os traballadores temen que a empresa entre en liquidación, o que pecharía practicamente todas as portas a que a conserveira continuase coa súa actividade. Por elo piden á xunta máis implicación.

Escandia xa tirou abaixo o acordo cun inversor interesado en facerse coa conserveira. Dende os sindicatos consideran que a empresa só está buscando o peche da fábrica, o que afectaría a 125 postos directos e máis de 300 indirectos.

Ademais da folga, os traballadores tamén convocaron unha manifestación para o domingo as 12 da mañá. Se non ven implicación da xunta, non descartan a posibilidade de manifestarse diante do parlamento galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí