As claves da entrevista a Fátima Abal en Canal Rías Baixas

CAMBADOS> Samuel Lago converterase mañá no segundo alcalde socialista de Cambados. Será nun pleno, ao mediodía, que porá fin á etapa de Fátima Abal á fronte do consistorio. A socialista estivo onte aquí, en Canal Rías Baixas, dando máis detalles da súa marcha. Recoñeceu que este non é o xeito como lle gustaría despedirse do concello, aínda que insiste en que a súa etapa política na primeira liña rematou. Tamén repasou os altos e baixos dos seis anos e medio na alcaldía, chegando incluso a recoñecer que en tempos do cuadripartito penseo en tira-la toalla en máis dunha ocasión.

Foi unha conversa longa na que Fátima Abal deu máis detalles da súa marcha. A saúde é a principal causa pola que deixa a alcaldía, aínda que recoñece que non lle gustaría ter rematado así.

Insiste en que o seu ciclo na primeira liña política remata aquí e que no 2023, cando deixe a acta de concelleira, rematará para sempre. Descarta ocupar ocupar outros postos de responsabilidade dentro do partido e incluso diría que non a unha chamada de Carmela Silva para unirse ao seu equipo na Deputación.

Sobre a súa relación coa outra pata do bipartito, con Somos Cambados, recoñece certos tirapuxas, propios dun goberno de coalición. Sobre o malestar dos de Tino Cordal por como se xestionou o relevo de Abal, a exalcaldesa indica que Somos tivo un papel destacado.

Lembrou o anterior cuadripartito como unha etapa moi complicada, en especial, polo papel que xogou daquela José Ramón Abal, de Cambados Pode, chave naquel momento.

Abal indicou que tanto ela como a súa familia sufriron acoso durante o proceso xudicial contra ela que, finalmente, quedou arquivado. Recoñece que incluso pensou en marchar polos seus pais.

A entrevista completa a Fátima Abal xa está dispoñible na páxina web de Canal Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí