O festival de Nadal de Cen Pliés enche a cabida da Cachada

BOIRO> Outro dos festivais que non podía faltar nestas datas é o da  escola de ballet Cen Pliés de Boiro.

Tiña lugar onte domingo, na casa de cultura.

Durante máis dunha hora os integrantes desta escola de danza puideron poñer enriba do escenario todo o aprendido ó longo destes últimos meses de ensaios.

Primeiro tocoulle a vez ás máis pequenas. As de preballet. E máis tarde ás máis grandes de ballet. Todas elas fixérono de dez, como auténticas profesionais.

As coreografías especialmente deseñadas para esta actuación, foron seguidas con especial atención dende o patio de butacas por familiares e veciños en xeral que non quixeron perder a ocasión de poder ver este espectáculo.