Pontevedra pon en marcha un proxecto piloto para fomentar a compostaxe no centro urbano

PONTEVEDRA> Pontevedra pon en marcha un novo proxecto de compostaxe. Tras o reparto de composteiros individuais e tras o bo funcionamento dos comunitarios, o goberno municipal anunciou hoxe o plan “Composta”. Un sistema experimental que se porá en marcha nas vindeiras semanas.

O Concello de Pontevedra levará a cabo o proxecto “Composta”. Un sistema experimental de recollida de lixo orgánico. Esta actuación terá lugar nunha zona delimitada da cidade e será voluntaria e gratuíta.

O proxecto está dirixido aos bares e restaurantes desta zona, ás residencias, froiterías e supermercados e aos particulares. Antes de que entre en funcionamento, o goberno municipal realizará unha campaña de sensibilización porta a porta. Informando e repartindo os medios técnicos.

Todos os que participen neste proxecto contarán cunha chave electrónica para abrir os contedores que estarán repartidos pola cidade. En total, serán aproximadamente 2.000 chaves e 60 colectores. O obxectivo é conseguir a mellor calidade posible de compost e, por iso, o goberno municipal retribuirá ás empresas en función do tipo de lixo.

O custe deste servizo ascende a 421.000 euros no primeiro ano e 348.000 no segundo. A intención do Concello e poñelo en marcha o antes posible xa que a normativa actual establece que a finais de ano se teñen que tratar o 50% dos biorresiduos.

Comproba aquí a ruta que realizará este proxecto piloto de compostaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí