Pontevedra converterase nun referente coa celebración do Medio Maratón

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá a converterse nun referente na organización de eventos deportivos. Farano grazas á celebración do Medio Maratón. Unha proba que terá lugar o 18 de outubro e na que participarán 300 corredores.

Pontevedra acollerá o vindeiro 18 de outubro o primeiro evento deportivo en ruta de Galicia e o primeiro medio maratón que se celebra en España tras o inicio da pandemia. A Cidade do Lérez converterase así, unha vez máis, nun referente na organización de eventos deportivos.

O Medio Maratón celebrarase en Pontevedra con estritas medidas de seguridade. A primeira, a saída, que se levará a cabo de maneira escalonada.

Ademais de adiantar á hora ás 9:00 horas da mañá co obxectivo de evitar aglomeracións na cidade, a organización deste evento decidiu mudar tamén o circuíto. O Medio Maratón desenvolverase no entorno da Illa das Esculturas e terá unha lonxitude de 21 quilómetros.

A falta de dous días para que se peche o prazo de inscrición, a proba conta xa con máis de 200 deportistas. O límite nesta edición estará nos 300 corredores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí