O executivo boirense presentaba esta mañá o plan ‘Boiro Reactiva-T’. Con el busca paliar os efectos da covid no municipio co impulso de medidas e accións de carácter social e económico.
Paliar os efectos da covid no Concello. Esta é unha das principais liñas de acción do programa ‘Boiro Reactiva-T presentado esta mañá no viveiro de empresas de Espiñeira.
Tamén de realizará unha liña de axudas directas a PEMEs e autónomos, grazas a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un valor superior ós 330 mil euros
O programa tamén inclúe proxectos para fomentar o emprego no municipio a través da formación. Nestes momentos estanse a desenvolver diversos cursos que buscan o fomento do emprego e o emprendemento no municipio.
Para tramitar tódalas solicitudes de axudas e coordinar este programa, o Concello decidiu habilitar tamén unha Oficina, que estará emprazada no edificio do centro de formación e viveiro de empresas de Espiñeira.