Cambados estrea a súa ‘rede de miradoiros’ cunha área de descanso con vistas ao mar en Refoxos

CAMBADOS> Cambados estrea novo miradoiro en Refoxos, na parroquia de Corvillón. Trátase dun espazo de titularidade municipal repoboado con carballos e que contará tamén con mesas e bancos. Esta é a primeira área de descanso que crea o concello dentro dunha rede de miradoiros que pretende poñer en marcha nos vindeiros meses.

Cambados pon a punto este espazo de Refoxos, na parroquia de Corvillón. Trátase dunha parcela de titularidade municipal que, ata momento, estaba abandonada. O Concello vén de converte-lo nunha área de lecer que serve, ademais, de miradoiro á ría.

O espazo tamén vai incluír bancos, mesas e tamén unha escultura, para convertelo nun punto máis agradable.

Esta é a primeira área de descanso que crea o concello dentro dunha rede de miradoiros que pretende poñer en marcha nos vindeiros meses. Ademais deste de Refoxos, o goberno local actuará no lugar do Couto de Arriba e na Barca.

Ao mesmo tempo, o alcalde avanza que se vai crear unha rede de ‘bancos con vistas’ repartidos por todo o municipio. Neste caso, o concello aposta por uns bancos feitos a base de materiais reciclados que imitan a madeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí