Porto do Son recibe a ‘Bandeira Verde’ de Medio Ambiente

PORTO DO SON> O concello sonense convértese así, xunto a Moaña, no primeiro municipio galego en recibir este distintivo, que vén a recoñecer o esforzo na protección da paisaxe e no medio ambiente.

Este é o momento no que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde sonense, Luís Oujo, procedían ó izado da ‘Bandeira Verde’. O concello barbanzán convértese, xunto con Moaña, no primeiro municipio galego en recibir este distintivo que vén a premiar a aqueles concellos que destacan polas súas boas prácticas na protección paisaxística e ambiental.

Segundo explicou a propia Ángeles Vázquez esta é a primeira vez que a Xunta convoca este distintivo. O concello sonense terá agora prioridade á hora de acceder a liñas de axudas que se convoquen dende a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

O alcalde agradeceu a Medio Ambiente a entrega deste bandeira, que recoñece o traballo realizado nestes anos de cara a mellora do territorio. Segundo el, o Concello seguirá traballando para que esta bandeira siga ondeando no municipio moitos anos.

Galicia é a primeira comunidade autónoma en crear este distintivo co obxectivo común de conseguir unha rexión verde e sostible. Si existen iniciativas deste tipo, pero promovidas dende o ámbito privado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí