CAMBADOS> A ruta do viño Rías Baixas é a máis desexada para visitar de toda España. O informe Acevin indica que dentro do sector enoturístico un 35% de visitantes queren coñecer esta ruta. Tamén que o 99,7% dos que xa a descubriron recomendarían coñecela. Dende a ruta sinalan que a calidade e a profesionalidade son as claves deste éxito.
A ruta do viño Rías Baixas non deixa de acadar éxitos e recoñecementos. Segundo o último informe ACEVIN, elaborado polo Observatorio Turístico das Rutas do Viño de España, a ruta das Rías Baixas é a máis desexada para visitar polos amantes do viño.
Este informe reflexa datos importantes como que o gasto medio por persoa é de case 500 euros.
Tamén que a satisfacción dos que visitan a ruta e os que a recomendarían supera o 90%.
En canto ao perfil dos visitantes, destaca que cada vez son máis mulleres as que visitan a ruta.
Dende a ruta sinalan á calidade e a profesionalidade como as claves deste éxito.
A Ruta do Viño Rías Baixas afronta este 2023 con ganas de seguir traballando con forza, para ofrecer aos turistas actividades experenciais e innovadoras para converterse nunha referencia.