CAMBADOS> O albariño Condes de Albarei, o mellor Albariño Rías Baixas da colleita 2025. A cooperativa cambadesa alzouse coa medalla de ouro na trixésima edición da cata concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tamén no municipio quedou a prata, que foi para Lagar de Costa. En canto ao bronce, marchou para O Rosal, para a adega Terras Gauda.
Condes de Albarei triunfou na casa. A cooperativa cambadesa fíxose coa medalla de ouro na trixésimo sétima edición da Cata Concurso da Festa do Albariño de Cambados.
Segundo o panel de expertos que cataron as sesenta referencias participantes, o seu é o mellor albariño Rías Baixas da colleita do 2025.
Tamén en Cambados quedou a medalla de prata. Foi para a adega Lagar de Costa, que xa o ano pasado levara o bronce.
O terceiro premio marchou para a subzona do Rosal. Foi para o albariño da adega Terras Gauda, que xa no 2014 conseguira unha medalla de ouro con este mesmo viño.
Dende o Consello Regulador destacaron a gran calidade das elaboracións que participaron na edición deste ano da cita. Seu presidente, Isidoro Serantes, felicitou aos gañadores, poñendo en valor o traballo de toda a DO.
Satisfeito tamén o alcalde de Cambados. Samuel Lago non agochou o seu orgullo porque ouro e prata queden na vila.
En canto ao desenvolvemento da festa, Lago destacou que transcorreu sen incidentes durante a fin de semana. A pesares dos milleiros de persoas que se desprazaron ata vila para gozar desta septuaxésimo cuarta Festa do Albariño de Cambados.
Os premios serviron un ano máis para pechar o xantar oficial co que se pon o broche de ouro á Festa do Albariño de Cambados.









