O orzamento do Intecmar incrementarase nun 6%

VILAGARCÍA> O orzamento do Intecmar incrementarase nun 6% o ano que vén. Contará con preto de 4 millóns de euros. O obxectivo da Xunta é que o centro, situado en Vilaxoán, poida incorporar novas técnicas de análises.

Os orzamentos da Xunta para o 2021 aumentan nun 6% o investimento no Intecmar, ata acadar case os 4 millóns de euros.  Para a Conselleira do Mar o centro situado en Vilaxoán é referente para o goberno galego.

A idea é que o ano que vén poidan incorporarse novos equipos ós laboratorios. Isto permitiría ó Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño incluír novas técnicas de análises.

Con todo, non se valora polo momento a posibilidade de que o Intecmar faga controis tamén nas fins de semana. Un servizo que demandan, por exemplo, 1500 mariscadores da Ría de Muros-Noia, que se ven afectados por peches cautelares por non contar con mostras actualizadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí