Samuel Lago carga contra ‘as mentiras e bulos de Sabela Fole e do PP’

CAMBADOS> Quéntase a campaña electoral en Cambados. O PP mandou uns trípticos ás casas da veciñanza criticando que Samuel Lago e o PSOE poderían facer perder moitos postos de traballo á xente do mar. Unha iniciativa que non gustou aos socialistas e pola que este mércores saíron a denunciar a estratexia electoral e as mentiras de Sabela Fole.

O Partido Popular de Cambados enviou esta semana á veciñanza uns trípticos nos que alertaba á veciñanza de que Samuel Lago e o goberno central coas súas leis afectarían a 2500 familias. Un acto que rachou coa tranquilidade coa que se estaba levando a campaña na vila. Os socialistas cargaron contra Sabela e o seu equipo por mentir e ensuciar as eleccións.

Dende o PSOE denuncian ademais que Sabela demostra co panfleto que non coñece as diferentes leis que afectan á costa cambadesa.

No caso de referirse a lei de costas, Lago sinala que foi aprobada no 88 cando el tiña 11 anos.

En canto á parte das 2700 parcelas afectadas, Lago denuncia que isto é mentira, que a lei de costas non notificou a ningunha empresa ou vivenda que será demolida, a diferencia que a situadas na zona de servidume que xestiona a Xunta, engadindo de novo que Sabela confunde ambas zonas.               

Ademais de desmentir o comunicado, os socialistas tamén quixeron denunciar que quen si pode destruír moitos postos de traballo é a Xunta coa lei da mexilla e que os populares só se puxeron en contra coa campaña electoral á vista.

Os socialistas criticaron outras actitudes do PP como poñerse do lado de Durán na disputa do colector entre ambas vilas. E esixen á Sabela Fole que se quere defender os intereses de Cambados que pida a Durán que separe a rede de pluviais e residuais para evitar que desborde a depuradora cambadesa provocando verteduras na ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí