Chega a Rianxo a mostra da Federación de Alfombristas de Galicia

RIANXO> O Pazo do Martelo acolle ata o oito de decembro a exposición itinerante da Federación Galega de Alfombrismo. A mostra, que fai un percorrido polo primeiro ano de traballo da entidade, chega a Rianxo tralo seu paso por Bueu.

Esta serie de paneis con fotografías recolle algúns dos traballos máis destacados da Federación Galega de Alfombrismo durante o seu primeiro ano de vida. Enmárcase no I Foro de Alfombrismo de Galicia, inaugurado o pasado dezaseis de novembro, coincidindo co Día Mundial do Patrimonio. A pesar de que as restricións sanitarias obrigaron a suspender algunhas das actividades programadas no foro, a mostra mantense e poderá visitarse en Rianxo ata o oito de decembro.

A asociación Ondiñas Mainas de Rianxo, que integra a entidade xunto con outras catorce de toda Galicia, amosouse moi satisfeita de poder acoller esta exposición nun concello con gran tradición de alfombras florais que se remonta ata o século XIX.

De igual modo, o alcalde de Rianxo destacou o gran labor de difusión que está a realizar a entidade coa incorporación de novos elementos propios da cultura e patrimonio rianxeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí