GALICIA> Os bos datos da pandemia permiten abrir a man e reducir as restricións. O comité clínico decidiu onte ampliar a capacidade en distintos espazos e eventos. O Conselleiro de Sanidade anunciou hoxe en Pontevedra que, como norma xeral, os aforos en Galicia quedarán ao 75% nos eventos culturais e sociais, sempre e cando se poida usar a máscara.
A partires da media noite do sábado volverán relaxarse as restricións en Galicia. A pandemia evoluciona favorablemente en Galicia e na súa reunión de onte o comité clínico decidiu ampliar os aforos en distintos espazos e eidos.
Este 75% aplicarase de xeito xeralizado nos recintos nos que se celebren eventos culturais e sociais. Só baixa ao 50% no caso dos concellos que estean no nivel máximo.
Tampouco haberá límite de persoas sempre que se manteña a separación de metro e medio. A excepción serán os concertos ao aire libre nos que o público estea de pé. Nestes casos, o máximo será de 5.000 persoas.
No caso das actividades deportivas, os grupos non poderán superar os dez integrantes. Tamén nas actividades que se desenvolvan en centros cívicos e sociais.