Boiro baixo especial vixilancia polo incremento dos contaxios

BOIRO> Precisamente a situación máis preocupante pola covid no Barbanza céntrase agora no concello de Boiro. As autoridades sanitarias teñen a este municipio baixo especial vixilancia ó detectarse un aumento considerable no número de contaxios na última semana.

Segundo os datos facilitados pola consellería de Sanidade nas últimas dúas semanas rexistráronse 64 novos positivos por covid. Unha cifra que pon ó Concello nunha situación de especial vixilancia, xa que a incidencia acumulada sitúase por riba dos 250 casos por cen mil habitantes. Un dato que preocupa ó goberno municipal, que volve a solicitar a realización dun cribado masivo entre a veciñanza.

De seguir así non se descarta que puideran chegar a aplicarse restricións máis duras, entre elas un peche perimetral.

O alcalde tamén mostrou o seu malestar pola falla de información por parte das autoridades sanitarias.

Ante esta situación o Concello está a estudar tamén a implementación de medidas máis drásticas, que pasaría de novo polo peche dos parques e a suspensión das actividades deportivas e culturais.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí