As prazas de abastos comezan a campaña de nadal con prezos baixos e poucos clientes

CAMBADOS> A campaña de nadal comeza nas prazas de abastos a menor ritmo que nos anos anteriores. A situación actual provoca que o marisco teña un prezo inferior ao das anteriores campañas. Moitos clientes xa comezaron a facer as súas compras para opter un produto de calidade a un prezo máis reducido.

Os mercados de abastos xa deron comezo á campaña de venda de Nadal. Nestas datas o marisco é o produto estrela e para as praceiras unha oportunidade de arraxar as contas anuais. Este ano, a situación que atravesamos estase manifestando nas prazas de abastos e á campaña, polo de agora, estalle custando arrancar.

O marisco ten este ano un prezo máis reducido que nas campañas anteriores.

Para os clientes é unha gran oportunidade para mercar marisco de calidade a un prezo reducido.

Xustamente a centola é o produto estrela nestas datas. As praceiras son precavidas á hora de facer unha previsión sobre o resto da campaña de nadal. O que agardan é que a situación mellore para que os clientes anímense a volver ás prazas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí