RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de poñer en marcha unha campaña de markéting dixital para promocionar a plataforma de venda on-line ‘Ribeira Store’. Ademais de posicionala nos buscadores e redes sociais, ofertaranse gastos de envío gratis para os clientes.
A campaña, que xa está en marcha e se prolongará ata o finais de febreiro, ten por obxectivo promocionar a plataforma de venda online ‘Ribeira Store’ que aglutina a máis dun cento de comercios locais do municipio. A estratexia de márketing sustentarase en tres eixos. Por un lado, a publicitación a través das redes sociais e a optimización da web para mellorar o seu posicionamento nos buscadores.
A terceira das claves constituirá un gran atractivo para os consumidores posto que disporán de gastos de envío gratuítos a toda a comarca.Inserto
Dende o concello fan un chamamento ós comercios que aínda non se adheriran á plataforma a facelo, ben no propio concello ou a través do enderezo soporte@ribeirastore.com. Trátase dun proxecto competitivo e innovador que vén de recibir unha mención honorífica por parte do Ministerio de Industria e Comercio.