RIBEIRA> O concello de Ribeira estuda a compra dos edificios okupas situados no barrio das Abesadas. O grupo de goberno trasladaralle ó resto da corporación o contido das conversas mantidas co Sareb para a adquisición do inmoble.
O concello de Ribeira sempre tivo interese en solucionar o problema xurdido na zona das Abesadas coa ocupación dun bloque de vivendas sen rematar na rúa Xosé Ramón Barreiro. Trátase de dous edificios, propiedade do Sareb, coa que xa mantiveron conversas. A sociedade pide máis de dous millóns e medio de euros o que obrigaría ó concello a realizar unha operación de crédito.
Ademais de poñer fin á conflitividade xerada no barrio pola presenza dos okupas, o concello busca mediante esta operación ampliar o parque de vivendas de alugueiro, especialmente para a mocidade.
Despois de que os equipos técnicos analicen a viabilidade da operación, o alcalde trasladará a proposta ó resto dos grupos.