PONTEVEDRA> O festival de cómic de Pontevedra, o BDra Gráfica, volverá dar o tiro de saída ao verán cultural da cidade. Será, iso si, antes que o ano pasado. A cita tivo que adiantar a súa celebración por mor do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que a cidade acollerá a finais de xuño. Así, este ano o BDra Gráfica será entre o 22 e o 25 de maio, e volverá a traer ata Pontevedra aos principais autores de banda deseñada a nivel nacional e internacional.
Pontevedra mantén a súa aposta pola banda deseñada. A cidade prepara a terceira edición do BDra Gráfica, o festival dedicado a esta arte. Este ano cambia de data: celebrarase do 22 ao 25 de maio.
Durante o festival pasarán pola cidade autores de primeira liña de cómic nacional e internacional. Estarán en Pontevedra Jaime Martín, Javi Rodríguez, Javi Rey, Alicia Jaraba, que realizará unha masterclass no Teatro Principal, Paula Mayor ou Teresa Valero.
BDra Gráfica levará as súas propostas a diferentes puntos da cidade. O epicentro volverá ser a carpa que se instalará na Praza da Ferrería.
Ademais, a Fundación Moldes acollerá unha exposición de orixinais dos últimos libros de Corto Maltés, a Casa Consistorial abrirá as portas ao público para visitar unha mostra de corenta orixinais do coleccionista Jaume Vaquer e o espazo Nemonon será o escenario da exposición da obra de Teresa Valero.











