PONTEVEDRA> O Partido Socialista levará ao pleno de Pontevedra unha moción para reclamar melloras no transporte ferroviario. Entre elas, demandan a Renfe que aumente as frecuencias e axuste os horarios nos trens de media distancia. Deste xeito, os socialistas dan voz ás demandas da Plataforma de Usuarios de Media Distancia de Renfe en Galicia.
A implantación do abono gratuíto para os usuarios dos trens de media distancia disparou o número de viaxeiros. Tanto é así que Renfe está a ter problemas para asumir a demanda.
As demandas desta plataforma estarán presentes no vindeiro pleno de Pontevedra. O PSOE levará unha moción para que o concello inste ao Ministerio de Transportes a mellorar a conexión ferroviaria do Eixo Atlántico.
Estas son tres das trece reclamacións que recolle a moción. Que contempla outras como a busca de sinerxías entre os servizos de Media Distancia e as prazas dos trens Alvia, empregar trens turísticos como lanzadeiras en traxectos curtos, solucionar os retrasos ou mellorar o funcionamento da web e da aplicación de Renfe.
Puentes asegurou que ao tempo que presentan esta moción no pleno de Pontevedra están tamén a traballar directamente para que o Ministerio de Transportes, do Partido Socialista, resolva estes problemas.