A consellería de educación confía nas medidas sanitarias na volta ás aulas

VILANOVA> A Xunta afronta con tranquilidade e seguridade a volta do alumnado as aulas. Dende a consellería de sanidade consideran que as medidas tomadas ata o de agora foron exitosas. Son conscientes do repunte dos casos pero sinalan que a comunidade educativa está preparada para evitar as transmisións internas.

O alumnado dos centros escolares galegos volverá mañá as aulas para comezar o segundo trimestre. O inicio ven marcado polo aumento dos contaxios tras as celebracións das festas de nadal. A pesar deste incremento, dende a consellería de educación sinalan que a volta ás aulas será segura.

O conselleiro mostrouse orgulloso co resultado das medidas adoptadas por toda a comunidade educativa.

O conselleiro destaca, que coas medidas adoptadas evitouse a transmisión interna.

Os escolares volverán mañá as aulas mantendo todas as medidas sanitarias como o uso da máscara, a separación de seguridade ou as quendas para acceder aos comedores e aos espazos comúns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí