Poio podería pasar ao nivel de alerta extremo tras rexistrar os peores datos de toda a pandemia

POIO> Autoconfinamento. Esa é a única solución posible que ve o Concello de Poio para reducir os casos activos. Uns casos que ascenden hoxe aos 274. O municipio vive unha situación alarmante tras rexistrar unha incidencia de máis de 1.400 positivos por cada 100.000 habitantes. Por iso, o alcalde fai un chamamento á responsabilidade cidadá e pide que se eviten as actividades non esenciais.

Situación preocupante en Poio. O municipio rexistrou hoxe 274 positivos, 73 máis que na xornada de onte. Ademais, nos últimos 14 días, o Concello superou xa os 1.400 casos activos por cada 100.000 habitantes, algo que obriga a elevar todas as precaucións. Con estes datos, todo parece indicar que a partir do vindeiro martes o municipio entrará no nivel de alerta extremo.

O alcalde chama a responsabilidade cidadá para conseguir frear a curva de contaxios e cre que a única solución posible para facelo é o autoconfinamento.

Polo de agora descoñécense os resultados das probas realizadas no Vao de Arriba, pero o alcalde pide xa novos cribados no Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí