Preto de catrocentos corredores participarán na IV Carreira Noite Jealsa

BOIRO> Este sábado terá lugar a cuarta edición da carreira Noite Jealsa en Boiro. A organización agarda contar con preto de catrocentos corredores, entre as categorías infantís e a absoluta. Boiro acolle esta fin de semana unha das carreiras máis vistosas do calendario deportivo estival. O feito de ser nocturna aporta un valor engadido ó xa de por si fermoso percorrido con saída dende a rúa peonil para encarar posteriormente o paseo marítimo ata Escarabote. A partir das nove e media tomarán a saída as categorías inferiores, con distancias de entre cen e mil cincocentos metros. A absoluta, cun percorrido de oito quilómetros, dará comezo ás once da note. Dende o concello quixeron agradecer a implicación da asociación Barbantia Roda neste evento e destacaron unha vez máis a aposta do goberno local polo deporte. A multitude de eventos deportivos que acolle o municipio supón un importanate factor de atracción turística durante todo o ano.