GALICIA> O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar as novas restricións que se aplicarán en Galicia para frear o avance da pandemia. A comunidade queda practicamente confinada ante a expansión do coronavirus e o incremento da presión hospitalaria.
As medidas anunciadas aplicaranse en todo o territorio galego, dende o 27 de xaneiro ata, polo menos o 17 de febreiro.
A mobilidade queda reducida ao propio concello e as reunións sociais limitadas a só conviventes.
O peche da hostalería será total. Só se manterá o servizo a domicilio e de comida para levar. O comercio non esencial pechará ás 18 horas e os centros comerciais non poderán abrir na fin de semana. O comercio esencial, como supermercados, manterán o horario de peche nas 21.30 horas.
As actividades non esenciais quedan suspendidas e museos e centros culturais pechados. En canto á práctica deportiva, pechan os ximnasios. Unicamente queda permitido o deporte individual ao aire libre e co uso obrigado da máscara en todo momento, incluso correndo.
Polo de agora, mantense a actividade nos colexios e institutos. As universidades retomarán a súa actividade o 8 de febreiro, cunha primeira semana de actividade telemática.
O toque de queda mantense nas 22 horas.