O PP da Pobra solicita bonificacións e facilidades de pago ás pemes locais

POBRA> Entenden que se trata de medidas imprescindibles para paliar as graves consecuencias socioeconómicas provocadas pola pandemia.

O PP da Pobra considera necesario que o Concello aprobé unha serie de medidas de apoio para aqueles colectivos locais que están a sufrir máis agudamente a crise. Trátase fundamentalmente de familias vulnerables e pequenas e medianas empresas.

Entre as medidas que propoñen, ademais das facilidades de pago que se poidan ofrecer, figuran unha serie de bonificacións, como é o fraccionamento e o aprazamento sen xuros á hora de facer fronte ó pago dos impostos e taxas municipais, así como axudas  directas para pemes, pequeno comercio local, hostalería e sector servizos.

O voceiro popular mostrou tamén o seu malestar ante a decisión do executivo de non cumprir  a declaración de loito oficial e facer que as bandeiras do Concello ondeen a media hasta en sinal de loito polas vítimas mortais da pandemia provocada polo coronavirus