POIO> O Concello de Poio lanza un titorial para que os veciños poidan elaborar na casa máscaras para previr contaxios por coronavirus. A gravación está protagonizada pola responsable de Bien Bonito, unha empresa da localidade. Nela, explícase paso a paso o proceso de confección, con recomendacións e todo tipo de detalles prácticos.
As máscaras convertéronse, da noite á mañá, nun produto tan demandado como esgotado. Ante a súa escaseza, en Poio, a firma Bien Botino comezou a fabricalas. Están sendo distribuídas polo concello.
Pero esta empresa, tamén a través do concello, está a difundir un vídeo explicativo para que os veciños fabriquen as súas propias máscaras na casa. Necesitamos un marcador, dous elásticos, unhas tesoiras e un pano.
Na gravación, elaborada por El Espejo Mágico, explican con todo luxo de detalles o proceso de confección, coas medidas mais axeitadas e consellos prácticos.
A máscara elaborada por Silvia inclúe un peto para introducirlle un filtro, para aumenta-la seguridade. A gravación, de case 6 minutos, resume paso a paso todo o proceso. Esta tipo de m áscaras poden ser reutilizables.
O vídeo completo pódese ver nas redes sociais do concello de Poio.