Ribeira acada un gran pacto para paliar a actual situación provocada polo coronavirus

RIBEIRA> Catro dos cinco grupos políticos con representación na corporación municipal agás o Partido Barbanza Independente acadan un acordo para reactivar a economía do Concello fronte ós efectos da crise provocada polo coronavirus.

Segundo explicou o propio alcalde, Manuel Ruíz, o acordo pretende darlle amparo a veciños e empresarios que o están pasando mal nestes momentos a consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19. As axudas, tanto produtivas coma non produtivas, irán destinadas principalmente ós sectores do comercio e da hostalería, prevéndose superar o millón de euros. Unha cantidade que sairá dos propios presupostos municipais, o remanente de tesourería e unha aportación que vén de aprobar tamén a Deputación da Coruña.

Está previsto que unha comisión formada por representantes de tódolos grupos que subscribiron este acordo: PP, Partido Socialista, BNG e Suma Ribeira, acorden as bases que regularán a aportación destes fondos directos e como se van a investir.