Satisfacción en Boiro pola licitación dos pantaláns para mexilloeiros de Cabo de Cruz

BOIRO> Para o alcalde, Xoán Xosé Dieste, con esta actuación cúmprese unha vella demanda do sector miticultor, de gran puxanza na localidade. Tratábase dunha das maiores demandas dos diferentes gobernos municipais que durante estes anos pasaron pola alcaldía boirense, que por unha ou outra razón nunca chegaba a executarse. Segundo o alcalde, Xoán Xosé Dieste, a construción dos pantaláns para bateerios en Cabo de Cruz verase finalmente cumprida este ano grazas á aportación do Goberno Autonómico que xa sacou a licitación o proxecto. Segundo el, nos presupostos de 2018 incluirase unha partida inicial de 1,7 millóns de euros, dos preto de sete nos que está presupostado o proxecto que posibilitará a creación de 139 prazas de amarre. Dieste destacou a importancia desta obra, dado o peso do sector bateeiro na localidade.