Rianxo destinará a maior parte do Plan Único a abastecemento e saneamento

RIANXO> Visto bo da corporación rianxeira á proposta do Plan Único da Deputación que ascende a 634 mil euros euros. A maior parte destes fondos destinaranse á mellora de servizos básicos como abastecemento e saneamento.

O proxecto principal da proposta que vén de ser aprobada polo pleno dotará de abastecemento ó lugar de Corques, coa construción da rede entre o depósito de Taragoña e a estrada xeral AC305. Este proxecto, que ascende ós 104 mil euros, supón o paso previo para achegar a auga da traída á parroquia do Araño que se prevé executar con cargo ós vindeiros POS.

No Plan Complementario, dependente da reserva de remanente da Deputación, figuran dúas obras de gran envergadura. por un lado a substitución da cuberta do polideportivo, por valor de 136 mil euros e, en segundo lugar o saneamento no lugar de Quintáns, un dos núcleos máis poboados do concello que carece aínda deste servizo.

O resto dos fondos do POS destinarase a gasto corrente, pago a provedores e amortización da débeda bancaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí