Ribeira tanteará o interese do empresariado en asentarse no futuro polígono

RIBEIRA> O executivo ribeirense abrirá nas próximas semanas un prazo de preinscrición para que todas aquelas empresas interesadas en asentarse no novo polígono industrial, que se prevé construír na localidade, indiquen a cantidade de metros cadrados que están interesadas en reservar. Con esta acción o Concello quere coñecer cal é a demanda real existente.

Á espera dos últimos informes favorables por parte de varios departamentos da Xunta, como poden ser Urbanismo ou Medio Ambiente, o futuro parque empresarial de Ribeira vai cobrando forma.

O Concello ten intención tamén de abrir nas próximas semanas un prazo de preinscrición para que todas aquelas empresas interesadas en dispoñer de chan no novo polígono realicen a súa reserva. Deste xeito o Concello sabería tamén de xeito máis fiable cal é a demanda real existente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí