BOIRO> Esta mañá tamén saltaban as alarmas no Concello. A aparición de dous positivos na última xornada obrigou ó peche preventivo da casa consistorial. Un deles é o alcalde, José Ramón Romero; o outro a concelleira de Cultura, María Outeiral.
A primeiras horas da mañá procedíase ó peche da casa do concello de Boiro. A aparición de dous positivos confirmados nas últimas horas obrigou a tomar esta medida. Un cartel na porta de entrada informaba do peche do Concello coma medida preventiva.
Unha nova repentina que mesmo descoñecían moitos dos traballadores municipais e tamén veciños que se atoparon coas portas pechadas e non puideron realizar ningún trámite de xeito presencial.
Aínda que os servizos seguirán funcionando de maneira telemática ou por vía telefónica. Unha destas persoas contaxiadas é o propio alcalde, José Ramón Romero; a outra a edil de Cutura, María Outeiral.
Tódolos contactos estreitos cos dous positivos foron chamados xa a realizar unha proba de antíxenos no momento que se coñeceu o contaxio, dando todos negativo.
Ademais todo o persoal municipal que mantivo contacto cos dous positivos nos últimos días foi chamado tamén para facer un cribado de probas PCR esta mañá, e cuxos resultados se