Miguel Anxo Fernández Lores volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra

PONTEVEDRA> Miguel Anxo Fernández Lores volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais do 2027. O nacionalista, rexedor da cidade dende o ano 1999, foi escollido por unanimidade e aclamación da militancia. Concorre a estes comicios co lema ‘Pontevedra, a por todas!’ e fai fincapé en que o seu proxecto de cidade ten moito percorrido.

Unha vez máis, e xa van once, Miguel Anxo Fernández Lores será o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra.

Foi escollido por unanimidade e aclamación da militancia nacionalista. Convencidos de que a renovación da aposta do BNG por Fernández Lores é a mellor noticia para a cidade.

‘Pontevedra, a por todas!’ será o lema da nova campaña. Segundo o xa candidato nacionalista ás eleccións municipais do 2027, o seu proxecto para a cidade aínda ten percorrido.

Acoller os Premios Feroz e concertos e competicións deportivas internacionais, a renaturalización do río Gafos, o Parque da Parda ou proxectos para os barrios da cidade, son algunhas das cuestións que destacou Fernández Lores da súa xestión nos últimos catro anos.

Aínda que non entrou en detalles sobre a lista que o acompañará para intentar revalidar a alcaldía que ostenta dende 1999, si agarda contar cos concelleiros máis veteranos: Raimundo González e César Mosquera.

Miguel Anxo Fernández Lores presentará a súa candidatura de xeito oficial ante a cidadanía o vindeiro 28 de maio. Será nun acto no auditorio de Afundación a partires das 8 e media da tarde.