A Deputación de Pontevedra pide que se realice un cribado masivo no Centro Príncipe Felipe

PONTEVEDRA> A complicada situación sanitaria na que se atopa actualmente a área de Pontevedra e O Salnés leva á Deputación a impulsar de novo o traballo en remoto. Ademais, a institución provincial está tomando novas medidas no Centro Príncipe Felipe e pide ao Sergas que se realice un cribado masivo entre todos os usuarios e traballadores.

A Deputación de Pontevedra amplía as medidas antiCovid no Centro Príncipe Felipe. A situación epidemiolóxica obriga a institución provincial a tomar novas restricións. A primeira, a ampliación do período de corentenas, que pasa dos 10 días actuais aos 14. Por outra banda, nos próximos quince días prohibiranse as saídas dos menores que se atopan en situación residencial.

Ademais, a Deputación de Pontevedra fai unha petición ao Sergas. A institución provincial solicita que se realice un cribado masivo entre os usuarios e o persoal e pide que se lle dea prioridade aos centros de menores na próxima programación de vacinación.

Co obxectivo de garantir a máxima seguridade entre todo o persoal da Deputación, o goberno provincial decidiu volver a impulsar o traballo en remoto. Ademais, a partir de agora, os Plenos, as Comisións Informativas e as Xuntas de Goberno realizaranse tamén de forma telemática.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí